Web corporativa
Unha web corporativa xestionada e adaptada á túa marca, con páxinas, contidos, formularios e chamadas á acción. Partimos de Lura para que non teñas que asumir o custo de desenvolver desde cero o que xa está resolto.
Desde unha web que capta e organiza posibles clientes ata unha tenda en liña conectada, unha plataforma de formación ou unha ferramenta interna. Construímos cada solución sobre Lura, a nosa solución integral e base tecnolóxica propia, para partir de capacidades xa resoltas e dedicar unha maior parte do teu investimento ao que realmente necesita o teu negocio.
Que é Lura →Lura reúne capacidades comúns de usuarios, xestión, formularios, contidos, pagamentos e comunicacións. A partir de aí construímos só o que o teu proxecto necesita, coa túa identidade, os teus procesos e as conexións que xa utilizas.
Unha web corporativa xestionada e adaptada á túa marca, con páxinas, contidos, formularios e chamadas á acción. Partimos de Lura para que non teñas que asumir o custo de desenvolver desde cero o que xa está resolto.
Páxinas de destino dunha soa páxina para campañas, listas de espera e solicitudes sinxelas, conectadas cun panel desde o que revisar, asignar e facer seguimento. Se o necesitas, tamén podemos automatizar avisos, cambios de estado e outras tarefas para xestionar esas solicitudes con menos traballo manual.
Catálogo, carriño, pagamentos, pedidos, clientes, promocións, xestión de stock e facturación conectados coa túa operativa, sobre unha base preparada para que o investimento inicial se dedique a adaptar a tenda ao teu negocio.
Cursos, módulos, alumnado, matrículas, contidos, seguimento, cobros e facturación dentro dunha experiencia propia, sen ter que financiar desde cero toda a infraestrutura dunha plataforma educativa.
Moito máis ca un calendario: dispoñibilidade, reservas, usuarios, formularios, confirmacións e recordatorios poden formar parte do mesmo fluxo e conectarse con pagamentos, comunicacións ou procesos internos cando o negocio o necesita.
Clientes, produtos, documentos, facturación, estados e procesos centralizados nunha ferramenta adaptada á túa operativa. Partimos de capacidades de xestión xa resoltas para personalizar o importante sen trasladarche o custo dun desenvolvemento completo desde cero.
Rexistro e seguimento de contactos, actividade, estados, modelos e comunicacións conectadas co que ocorre dentro da túa plataforma, cunha configuración adaptada ao teu proceso comercial ou de atención.
Reduce pasos manuais conectando estados, avisos, tarefas e regras para que a plataforma resolva por si soa o traballo repetitivo.
Procesos, portais e ferramentas específicas construídos sobre a mesma base cando a túa forma de traballar necesita lóxica propia.
Os importes de configuración inicial corresponden a unha implantación estándar sobre Lura. Partimos de módulos e capacidades xa desenvolvidos e probados, e dedicamos ese traballo inicial a configurar a solución, adaptala á túa identidade e encaixala coa túa forma de traballar.
Usuarios, permisos, formularios, comunicacións, pagamentos, paneis e outras pezas comúns non se desenvolven de novo para cada cliente. Isto permite chegar antes a unha solución útil e dedicar máis orzamento ao que te diferencia.
Configuramos os módulos incluídos, estrutura, estados, permisos, deseño e fluxos estándar necesarios para deixar a solución preparada para traballar. Non recibes unha instalación xenérica sen adaptar.
As migracións de datos, integracións con sistemas externos ou desenvolvementos completamente específicos non se cargan por defecto na implantación. Se o teu proxecto os necesita, valóranse aparte e de forma transparente. Así un cliente sinxelo non financia a complexidade doutro.
A cota mensual mantén a plataforma operativa e inclúe a base tecnolóxica, aloxamento, mantemento, actualizacións e soporte segundo o servizo contratado. A solución pode ampliarse por etapas, sen obrigarte a contratar desde o primeiro día funcións que aínda non necesitas.
O teu equipo dispón dun panel central desde o que pode xestionar usuarios, solicitudes, comunicacións, pagamentos, contidos e os módulos específicos da túa solución.
Xestiona usuarios, perfís, roles e permisos desde un único lugar para ofrecer a clientes, empregados, alumnado ou colaboradores unha experiencia adaptada a cada perfil.
Os formularios poden centralizar posibles clientes, consultas, inscricións ou solicitudes co seu contexto e estado. Desde aí o teu equipo pode revisalas, facerlles seguimento e activar comunicacións cando sexa necesario.
A plataforma pode incorporar pagamentos, subscricións, pedidos e facturación dentro do mesmo proceso. Cada implantación configúrase tendo en conta os requisitos aplicables de facturación, privacidade, consentimento e trazabilidade.
Reúne os indicadores que importan para o teu negocio —actividade, conversión, vendas, uso ou tempos de xestión— para detectar que funciona e onde merece a pena axustar a experiencia ou os procesos.
Son capacidades que podemos activar ou adaptar cando achegan valor ao teu fluxo de traballo.
Non necesitas substituír todas as túas ferramentas. A base de Lura permítenos integrar servizos externos e facer que a información circule entre eles para reducir duplicidades, erros e tarefas manuais.
Clientes, produtos, pedidos, estados ou oportunidades poden sincronizarse coas ferramentas que xa utiliza a túa empresa.
Pasarelas de pagamento, transportistas, provedores de facturación e outros servizos poden formar parte do mesmo fluxo.
Unha alta, unha reserva, un cambio de estado ou unha compra poden desencadear accións nos sistemas que necesites.
Podemos conectar aplicacións internas, cadros de mando ou servizos de terceiros para que cada sistema reciba a información que necesita.
Lura permítenos poñer en marcha unha base operativa desde o inicio mentres personalizamos a experiencia, os módulos e as integracións que necesita o teu negocio.
Preparamos instalación, accesos e estrutura base desde o comezo para que poidas revisar o funcionamento real mentres avanzamos coa personalización.
Traballamos interface, identidade, contidos e experiencia arredor da túa marca e dos teus usuarios. Lura achega a base e nós adaptamos a solución a como debe presentarse o teu negocio.
Priorizamos as funcións con máis impacto e engadimos integracións ou módulos cando achegan valor, mantendo unha base coherente a medida que cambia o teu negocio.